Roteiro | A pegada das mulleres nas rúas de Compostela | IEGPS

Santiago de Compostela
19:00 h.
Presencial
Público adulto con inscrición previa

LUGAR | Saída do IEGPS, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, na rúa de San Roque, 2
HORA DE SAÍDA | 19.00 H
ORGANIZA | IEGPS, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

A pegada das mulleres nas rúas de Compostela:
unha viaxe pola nosa historia

A actividade proposta consiste nun roteiro que sairá do IEGPS e que percorrerá as rúas do casco histórico compostelán até rematar de novo, no IEGPS. 


Ao longo do roteiro seleccionaranse algúns lugares de especial significación para coñecer a historia das mulleres compostelás desde a Idade Media até a contemporaneidade, ofrecendo breves explicacións histórico-artísticas por parte do persoal do IEGPS (Miguel García-Fernández, María Rivo Vázquez)

Duración estimada: 2 horas

Inscrición previa: divulgacion@iegps.csic.es