Arte en colaboración | Tecendo ecosistemas en comunidade

Organiza | Universidade de Vigo
Horario | 17.00 h – 21.00 h
Localización | planta baixa do Edificio Redeiras

Tecendo ecosistemas en comunidade

A arte, como a natureza, é un sistema simpoiético, remitíndonos as teorías de Donna Haraway e Lyn Margulis, un sistema interrelacionado e interdependente. Esta proposta artística busca hibridar a teoría científica do nicho fundamental e a práctica de tecido artesanal, crochet e técnicas de anudado para facer medrar unha raiz colectiva no interior do edificio Redeiras. 

A peza artística medrará nas mans das participantes desde o teito cara abaixo, imitando o proceso de crecemento, coñecido como gravitropismo dun sistema radicular. O uso de cordas e nós non só amosará fisicamente a rede de raíces das plantas, senón que creará un lugar onde as co-creadoras poderán sentirse conectadas, entretecendo as súas historias a través de fíos coloridos. A procura, en última instancia, facer visibles os vínculos invisibles que nos conectan a todas e todos, co-creando un contorno máis-ca-humano, onde as persoas e a natureza permanecerán interconectadas.

Antía Iglesias