Automática ao servizo da sociedade

Ferrol
18.00, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00, 20.30, 21.00, 21.30 h
Presencial
Público familiar

Prazas: 10

LUGAR | Edificio de Talleres Tecnolóxicos, Campus de Esteiro, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol

Nesta actividade presentaranse os principios básicos dos sistemas de control mediante a aplicación a unha planta de temperatura dun laboratorio. Durante a presentación aplicaranse os principios do controlador Proporcional-Integral-Derivado (PID) sobre a planta de laboratorio aplicando perturbacións para demostrar o robustos que son os PID. Se é posible, o público podería interactuar coas plantas nunha competición “humano vs máquina”, onde unha persoa intentará controlar a temperatura nunha das plantas manualmente (controlando o aquecedor) e competirá cun controlador PID co obxectivo de controlar a planta nun tempo mínimo e con perturbacións máis baixas. Se non fora posible, os investigadores realizarán eles mesmos a demostración.

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.