Ferrol
18.00, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00, 20.30, 21.00, 21.30 h
Presencial
Público familiar
Prazas: 12
LUGAR | Laboratorio de Enxeñería Mecánica, Edificio de Talleres Tecnolóxicos, Campus de Esteiro, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol
O laboratorio de Enxeñería Mecánica, presentará un prototipo de banco de ensaios cíber-físico para motores eléctricos.
Nun banco de ensaios cíber-físico próbanse compoñentes reais de vehículos (no noso caso, os motores que moven o coche) controlados por unha simulación dun vehículo nun entorno virtual. Así pódense ensaiar compoñentes en condicións de funcionamento reais, ainda que non se dispoña dun coche completo no que probalos.
*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.