Charla | Buques GNL . A importancia do transporte do gas natural por vía marítima

A Coruña
29 de setembro, ás 18:00 h.
Presencial
Público xeral (adulto)

PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.
LUGAR | LA OLÍMPICA bar, rúa Alfredo Vicenti 39 (A Coruña).
ORGANIZA | CITENI e Universidade da Coruña.

Nesta charla explicarase o proceso loxístico da subministración de gas natural licuado (GNL) desde a extracción ata a propia subministración final, pasando polas etapas de licuefacción, transporte e regasificación. Faremos especial fincapé nos sofisticados buques GNL ou metaneiros, encargados do transporte do gas natural en estado licuado por vía marítima. Así mesmo, vincularemos todo isto coa transición enerxética que conduce cara a un transporte marítimo sostible, coa descarbonización do sector.

RELATORES: Ignacio Arias e Manuel Naveiro, investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) de Ferrol da Universidade da Coruña.

Coa colaboración de: