A Coruña
27 de setembro, ás 20.40 h.
Presencial
Público xeral
PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.
LUGAR | ÁRNICA bar, rúa Herrerías 2 (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.
Estamos ante unha crise socioambiental sen precedentes e por iso é necesario ter os coñecementos e principalmente un comportamento que impliquen un desenvolvemento que non exceda os límites do planeta. A charla propón coñecer cal é o impacto ambiental que ocasionamos en relación á alimentación, transporte, vivenda, residuos, etc. e coñecer propostas e estratexias para tentar reducilo e así ser máis sostible. Tamén relacionarase co consumo de auga e o cambio climático.
RELATOR: Pedro Vega Marcote, investigador da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.