A Coruña
26 de setembro, de 18:30h. a 21:00h.
Presencial
Público xeral| 15 min
Prazas: acceso libre
LUGAR | Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria) (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.
Todos coñecemos a anchoa, a sardiña e a caballa, sobre todo pola importancia que teñen na nosa dieta estes peixes. Pero cal é a súa dieta? como se comportan eles dentro do seu ecosistema? que efectos poden ter os cambios ambientais ou a presión pesqueira neles? Ao estudar o nicho destas especies podemos descubrir todo isto: como compiten estas especies entre elas, como se alimentan e como van adaptando o seu comportamento segundo o lugar e o momento.
Relatora: Nuria Mondéjar González (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO-CSIC)
