Charla | Como se vía o planeta durante as idades do xeo

Vigo
18.15 – 19.00 h.
Público >de 14 anos

LUGAR | Aula 1 do segundo andar do edificio Redeiras
RELATOR | Gianluca Marino, Profesor Titular da Universidade de Vigo. Palaeoclimatology Lab, GEOMA – CIM
ORGANIZA | Centro de Investigación Mariña e Universidade de Vigo

Como se vía o planeta durante as idades do xeo

As idades do xeo, características e causas, unha charla coa que visualizaremos o aspecto que presentaba o planeta nese momento e para na que debatiráse dobre as causas das glaciacións na Terra.

Durante o 90 % da historia de miles de millóns de anos, a superficie da Terra estivo libre de cobertura de xeo permanente. Porén, as idades do xeo espertan curiosidade dentro e fóra da comunidade científica, probablemente debido a que o noso planeta víase notablemente diferente a como o percibimos na actualidade. As idades do xeo transcorren en varias ocasións ao longo dos últimos tres mil millóns de anos. Algunhas destas eras glaciares foron tan extremas que a Terra parecía unha “bola de neve”. Outras, como a última idade de xeo, hai uns vinte mil anos, foron menos severas, pero aínda así as capas de xeo estendéronse ata as latitudes medias e o nivel do mar estaba máis de cen metros por debaixo do nivel actual.