Vigo
27 de setembro de 2024
19.30 -20.15 h.
Público familiar
RELATOR | Andreu Blanco (Future Oceans Lab-CIM)
LUGAR | Aula 2, segundo andar, edif. Redeiras
ORGANIZA | Universidade de Vigo
E ti, que sabes das Illas Atlánticas?
Nesta actividade empregaremos a metodoloxía rich pictures, que nos permitirá comprender cal é a visión que temos do Parque Nacional. A través desta ferramenta visual, imos realizar un exercicio de introspección, compartindo ideas e percepcións sobre a conservación do parque. Este proceso interactivo incluirá un xogo de preguntas e respostas, facilitando unha reflexión profunda e colaborativa para fomentar un sentimento de responsabilidade compartida, alentando a idea de gardiáns do mar e do parque. Ademais, fortalecerá a comprensión do noso papel na protección e conservación do medio mariño, promovendo un compromiso activo e consciente coas accións de conservación.