Charla e visita guiada: O espazo como material común da arquitectura e da arte

A Coruña
19.30 a 21.00 h
Presencial
Público adulto, con reserva previa.

Prazas: 20

LUGAR | MUNCYT, A Coruña
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Charla e visita guiada con Emma López-Bahut, Doutora Arquitecta e Profesora Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. A actividade ten como obxectivo dotar aos participantes dun novo punto de vista da arquitectura que lles permita comprender mellor os edificios, aínda que non sexan expertos. Mostrarase como entender o espazo como material da arquitectura e a súa aplicación práctica no propio edificio do MUNCYT, un exemplo radical de arquitectura que traballa co espazo e as formas plásticas propias da escultura abstracta, a modo dunha gran escultura habitada.

Información y reservas en reservascor@muncyt.es ou no teléfono 689 578 727, indicando o nome dos participantes e un teléfono/enderezo electrónico de contacto.