Charla-Obradoiro. Tecnoloxías dixitais para persoas maiores: Como potenciar o envellecemento activo e saudable

Etiquetas

A Coruña
1 de Outubro, 12:00h
Presencial
Público adulto.

Prazas: 20

LUGAR | MUNCYT
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Esta charla-obradoiro terá un formato teórico-práctico, no cal se combinarán explicacións por parte da ponente con actividades prácticas nas cales poderán participar de forma totalmente activa as persoas que asistan ao taller. Está orientada a persoas maiores que teñan interese polo emprego da tecnoloxía, ou a persoas do entorno próximo dalgunha persoa maior (por exemplo, familiares, amizades ou persoas coidadoras) que queiran coñecer ferramentas e recomendacións para achegarlle a tecnoloxía á poboación maior de forma satisfactoria.

Os contidos a tratar serán:

  • Introdución sobre a tecnoloxía e as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
  • Aportacións das TIC á vida cotiá das persoas maiores e ao envellecemento activo e saudable: beneficios e utilidades.
  • Recursos e aplicacións tecnolóxicas de interese para a poboación maior e para fomentar o seu envellecemento activo e saudable (por exemplo: recursos e aplicacións dixitais sobre saúde, ou recursos e aplicacións dixitais para o ocio e tempo libre).
  • Exemplos de proxectos do grupo de investigación TALIONIS da Universidade da Coruña.
  • Consideracións clave para potenciar a accesibilidade e usabilidade das tecnoloxías dixitais.

Aínda que non é imprescindible, para un mellor aproveitamento da actividade, recoméndase traer un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) ou un ordenador portátil, que teña conexión a Internet por datos ou que poida conectarse á rede do museo.

Reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727 ou no despacho de billetes do museo.