Charla: Que é un buque metanero? A alternativa ao transporte de gas natural

A Coruña
20:30h
Presencial
Público xeral

Prazas: acceso libre ata completar aforo

LUGAR | Bar La Consentida (A Coruña)
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Coa transición enerxética, o Gas Natural (GN) converteuse nunha das principais fontes de enerxía demandada a nivel internacional. Pero debido á situación xeopolítica europea actual, esta demanda é abastecida principalmente mediante transporte marítimo, que é a columna vertebral do transporte a granel de mercadorías. Por iso, o coñecemento da cadea de subministración desta fonte de enerxía, converteuse nunha inquietude para parte da poboación.

Nesta charla explicarase o proceso loxístico de subministración do GN desde a extracción ata a subministración final, pasando polas etapas de licuefacción, transporte e regasificación. Facendo especial fincapé, nos sofisticados buques denominados como metaneros ou GNL (Gas Natural Licuado), encargados da etapa de transporte do GN por vía marítima en estado licuado.