A Coruña
26 de setembro, de 18:30h. a 21:00h.
19:50h. Presencial
Público xeral| 15 min
Prazas: acceso libre
LUGAR | Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)(A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.
O cambio climático e a súa relación coa nosa Pegada Ecolóxica e Hídrica
Estamos ante unha crise socioambiental sen precedentes orixinada polo cambio climático, por iso é necesario ter os coñecementos e principalmente un comportamento que impliquen un desenvolvemento que non exceda os límites do planeta. Por iso se pretende reducir o impacto ambiental (Pegada Ecolóxica e Hídrica) producido polo noso estilo de vida, mediante unha serie de propostas técnico-educativas que conleven actuar sosteniblemente.
Relator: Pedro Vega Marcote (Facultade de Ciencias da Educación)
