Charlas | CITENI

Xornada de tarde | Público familiar
20 min | varias quendas
entrada libre ata completar prazas
localización: sala de audiovisuais da EUDI (soto da Escola universitaria de deseño Industrial do campus industrial de ferrol)
reserva previa en: HTTP://GNIGHT.GAL/CHARLAS-CITENI/

Como conseguir placas solares máis sostibles

Hoxe en día, a pesar de que as placas solares de silicio son as máis usadas, non poden cubrir completamente as necesidades da poboación en canto ao uso de enerxía solar. As placas solares orgánicas destacan pola súa flexibilidade mecánica, transparencia, facilidade de fabricación e, o máis importante, por ser biodegradables. Nesta presentación imos ver como facer máis eficientes as placas solares orgánicas para que sexan igualmente comerciais que as placas solares de silicio.

A enerxía do mar

A enerxía do mar aproveita o movemento do vento mariño, das ondas, as mareas e as correntes mariñas para xerar electricidade renovable. Constitúe unha fonte limpa e inesgotable que contribúe á transición cara a un modelo enerxético sostible.

Combustibles: da enerxía ao movemento

Descubre como funcionan os combustibles que moven o mundo e como se analiza a súa calidade para un uso seguro e eficiente. Coñece os distintos tipos de combustibles e aprende como un laboratorio especializado analiza e controla a súa calidade para garantir eficiencia e seguridade. Ciencia e tecnoloxía aplicadas á enerxía do noso día a día.