Charlas CITMAga | Matemáticas no pazo de San Xerome

Santiago de Compostela
Presenciais
De 16.30 a 18.00 h

LUGAR | Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro)
ORGANIZA | Universidade de Santiago e CITMAga

Onde nos leve a curiosidade: a revolución de Galois

Relator | Ibai Otero Gómez

Nesta charla exploramos como a curiosidade é o motor crucial do pensamento matemático. A través da vida de Évariste Galois, descubrimos como unha simple pregunta levou a unha revolución na comprensión das ecuacións. Unha homenaxe a quen fixo da curiosidade a súa inspiración e que soubo abrir camiños no descoñecido, mesmo sen tempo para percorrelos.

A actividade realizarase en colaboración con MaEGA (Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas).

Por que usamos simulacións para construír mellor?

Relator | Ángel Pita da Veiga Ramonde

A simulación numérica é unha ferramenta  realmente útil en numerosas aplicacións, especialmente en Enxeñaría. Nesta charla explicaremos en que consiste e como se pode aplicar á optimización de estruturas.

Construción de superficies mediante pegados

Relator | Alejandro Majadas Moure

Introduciranse esquemas de pegado e construiranse superficies con eles mediante follas de papel.

Ecuacións diofantianas: como Grecia abriu o mundo da teoría da números

Relatores | Óscar Rivero Salgado e Javier Polo Noche

A idea é facer unha presentación sobre ecuacións diofantianas e algúns métodos de resolución, dende un punto de vista divulgativo.
Actividade realizada en colaboración con MaEGA (Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas).