Vigo
18.00 a 21.00 h
Presencial
Público xeral e familiar
Prazas: acceso libre
LUGAR | Edificio Redeiras, praza do Berbés
ORGANIZA | Universidade de Vigo, ECOBAS e CITMaga
Programa de relatorios na aula 1 do edificio Redeiras:
Horario | 18.00 h
Como tratar a desigual distribución de custos do cambio climático
Xavier Labandeira, Director de ECOBAS
Intelixencia artificial, democracia e relacións laborais
Xosé Enrique Vázquez, investigador de ECOBAS
Horario | 19.00 h
Fenómenos climáticos extremos, que nos depara o futuro?
Gianluca Marino, Investigador Distinguido Beatriz Galindo (UVigo)
Charla sobre a relación entre o cambio e os eventos climáticos extremos. A charla céntrase na análise da variabilidade climática no pasado e en como nos pode axudar na predición da frecuencia e a intensidade dos eventos extremos no futuro a medida que o clima se quenta.
Horario | 20.00 h
Matemáticas para a Ciencia e a Vida: Topoloxía, datos e os segredos de Pompeia
Carlos Meniño Cotón, Axudante Doutor no Departamento de Matemática Aplicada da UVigo e investigador vinculado ao CITMaga
Introduciremos dende un punto de vista divulgativo as ideas fundamentais da análise tipológica de datos e cómo estamos aplicando esas ideas para tentar descifrar os papiros carbonizados durante a erupción do Vesuvio (no 79 a.C.) e que sepultou as cidades de Pompeia e Herculano.