Charlas ı Matemáticas para a ciencia e a vida. Atúns fantásticos e onde atopalos

A Coruña
Presencial
Público xeral.

Prazas: acceso libre ata completar capacidade da sala

LUGAR | Salón de actos do MUNCYT, (A Coruña), ás 18:00 h.
ORGANIZA | CITMAGA

Actividade incluída dentro do ciclo de charlas “Charlas | Matemáticas para a ciencia e a vida” que o CITMAga realizará nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol o próximo venres 29 de setembro.

Charla que expón, dende un punto de vista divulgativo, como as matemáticas e a acústica son a base do funcionamento da boia de atún de Marine Instruments e como o seu uso permite unha pesca máis ecolóxica e sostible.

RELATORA: Sara Recondo Estévez (Investigadora en formación de CITMAga. Investigadora predoutoral da UDC. Investigadora de doutoramento industrial en Marine Instruments)