
Santiago
18.00 a 21.30h
Presencial
Público en xeral
LUGAR | Xardíns do Pazo de Fonseca
ORGANIZA | Universidade de Santiago de Compostela
“Ciencia Máis”. Espectáculo científico.
A actividade conectará ao público coa ciencia e cos científicos demostrando que a investigación non só é accesible para todos, senón que tamén é útil e tremendamente divertida mediante o uso de formatos orixinais e creativos (música, charlas e monólogos). Debido á multidisciplinaridade dos relatores, cubriranse diferentes campos científicos dun xeito sinxelo.
Un trío moi picante
Contarannos curiosidades sobre piollos, pulgas e carrachos.
Outono no mar
Falarannos dos cambios que vai provocar esta nova estación na paisaxe submarina.
Mala bacteria nunca morre
Explicarannos a resistencia aos antibióticos, como nos afectan as bacterias resistentes é como se traballa nos laboratorios para estudalas e combatelas.
Non é maxia, é realidade e chámase CUÁNTICA
Tentarannos explicar como moitos científicos visualizan a Internet Cuántica do futuro.
Ovular ou non ovular. Esa é a cuestión
Vannos explicar a importancia da ovulación no ciclo menstrual e como podemos detectala.
A ciencia do froiteiro da miña avoa
Imos aprender como funciona o ADN e os moduladores epixenéticos, empregando un exemplo do día a día como é a maduración da froita.
Saúde a gargalladas
Farannos reflexionar sobre a divulgación como ferramenta de prevención de riscos para a saúde, e como empregando a comedia tamén regalamos saúde cos beneficios da risa.
O electrón vibrador
Vannos contar como algúns materiais, sobre todos algúns metais, posúen unha cualidade moi particular na que os electróns de condución dos seus átomos vibran de forma conxunta.
O legado de Marie Curie, máis de cen anos de radiación ao servizo da saúde
Veremos como os descubrimentos dunha gran científica, como foi Marie Curie, axudannos a loitar coa enfermidade.
NOTA: A entrada será sen rexistro previo. Será obrigatorio o uso da máscara e distancia de seguridade.