Ciencia no Bar

Ourense
20.30 h a 22.30h
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)

LUGAR | Café & Pop Torgal (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Ourense)
ORGANIZA | Universidade de Vigo
PRESENTAN | Mónica Villanueva Villar, directora de área de Coordinación do Campus de Ourense e Rubén González Rodríguez do “Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia. GETS-IT”

Escoita 3 charlas breves de divulgación científica e dialoga con investigadores e investigadoras nun ambiente relaxado mentres te convidamos a un café (ou té ou refresco).

Discapacidade e dependencia, unha sociedade inclusiva?
Con Breogán Riobóo Lois, investigador predoutoral FPU20/06120 do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia. GETS-IT.
O envellecemento fai aumentar as persoas en situación de dependencia e discapacidade. Que significa? que implica? dámoslle resposta? Achegarémonos a conceptos relacionados coa dependencia e a discapacidade e coñeceremos o que supón a filosofía de vida independente e a atención planificada pola propia persoa.

Cando interveñen as traballadoras sociais nas familias?
Con Carmen Verde Diego, do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia. GETS-IT
Trátase de explicarlle ao público que a familia (ou a súa falta) é a referencia natural de cada un de nós e nos afecta no futuro. É importante crecer con cariño e estabilidade dentro da familia pero as veces os proxenitores non saben, non poden, e incluso uns poucos non queren, facelo axeitadamente. As profesionais do Traballo Social están en cada unha desas situacións para reforzar positivamente ás familias e tentar suplir as posibles deficiencias de selo caso.

Traballo Social dixital
Paula Frieiro Padín, do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia. GETS-IT
O Traballo Social dixital ou o e-Social Work permite aportar de maneira inclusiva respostas dende a dixitalización emerxente. Neste caso presentaranse dúas ferramentas que pretenden fomentar o acompañamento social mediante respostas dixitais accesibles.