Pontevedra
18.30 h.
Presencial
Público xeral (>16 anos)
PRAZAS | 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)
LUGAR | Taberna NASA (Travesía da Galera, 6, Pontevedra)
ORGANIZA | Universidade de Vigo
A conduta suicida na mocidade galega: datos e retos
Nesta charla presentarase unha visión actual da conduta suicida na poboación nova, facendo especial fincapé na realidade galega. A partir dos resultados da investigación desenvolvida en Galicia e Norte de Portugal, abordaranse os principais factores de risco e de protección, desmontaranse algúns mitos frecuentes e reflexionarase sobre o papel da sociedade, dos medios de comunicación e da prevención na redución do suicidio.
Duración: 30-45 minutos
Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT)
