Ciencia no bar e paseo pola cidade. Repensar a economía: desaprender para transformar

Pontevedra
Horario Ciencia no bar: de 19.00 a 20.30 h
Horario Roteiro: de 20.30 a 21.15 h
Presencial
Público adolescente e adulto

PRAZAS | 20 (inscrición previa)
LUGAR | Cervexería NASA (Travesía da Galera,6)
ORGANIZA | Universidade de Vigo, ECOBAS e PostGrowth Innovation Lab 

Preocúpaste polo cambio climático e a crise ecosocial? Gustaríache saber que podemos facer dende as ciencias económicas para dar resposta a estes problemas, entender e tamén, transformar a realidade? 

Se a túa resposta é si a calquera destas cuestións, deberías acudir ao evento “Repensar a economía: desaprender para transformar”. Faremos unha xuntanza na Cervexería NASA (de 19.00 a 20.30) para realizar obradoiros participativos que sinalen os límites e as oportunidades da economía nun mundo en crise. Durante a actividade os participantes estaredes convidados a unha consumición. A continuación (de 20.30 a 21.15), teremos un paseo investigador onde empregaremos a cartografía participativa para identificar sementes doutro tipo de economía e de ciencia económica. 

Os contidos a tratar serán:

Introdución e crítica á disciplina económica.

Aportacións dende a economía crítica para comprender o mundo que nos rodea.

Outras formas de facer ciencia económica que teñan en conta miradas e saberes diversos.

Exemplos de investigación dos doutorandos do grupo PostGrowth Innovation Lab.

– Formas colectivas e creativas de mellorar a economía e as ciencias económicas. Aínda que non será imprescindible, para o roteiro investigador aconsellamos contar cun teléfono móvil con conexión a internet por datos. Necesaria reserva de praza. Inscrición previa.

Reservar praza