CIENCIA NO BAR | Poden ser sexistas as campañas institucionais contra o sexismo? | Estudar e traballar: reto ou oportunidade

Ourense
18.30 h.
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 30 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)
LUGAR | CERES 1894 (Praza Saco y Arce, 3, Ourense)
ORGANIZA | Universidade de Vigo

Poden ser sexistas as campañas institucionais contra o sexismo?

Esta actividade achéganos ao sexismo institucional nas campañas contra a violencia machista mediante unha metodoloxía participativa baseada na visualización, a análise e o debate de campañas. A actividade permitirá identificar estereotipos sexistas, formas de culpabilización ou revitimización das mulleres e representacións que individualizan a violencia, achegando a investigación científica ao público dun xeito visual, dinámico e accesible.

Duración: 30-45 minutos

Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT)

Estudar e traballar: reto ou oportunidade?

A charla propón unha aproximación divulgativa e crítica á formación dual universitaria, un modelo que busca conectar a formación académica coa experiencia en contextos profesionais reais. Nunha primeira parte explicarase de maneira sinxela en que consiste a formación dual, cales son as súas principais características e por que está adquirindo unha presenza crecente na educación superior. A continuación, presentaranse os dilemas que xera a súa implantación.

Grupo de Colaboración e Innovación para a Equidade Educativa e Social (CIES-UVigo)