Ciencia no bar

Vigo
22.00 a 23.00 h
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)

LUGAR | Vitruvia Café, Praza de Compostela, 5
ORGANIZA | Universidade de Vigo
PRESENTA | Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo

Escoita charlas de divulgación científica e dialoga con investigadores e investigadoras nun ambiente relaxado mentres te convidamos a un café (ou té ou refresco).

En busca do dato perdido: descifrando o código dunha científica de datos

Con Ana Larrañaga, do Grupo de Investigación de Tecnoloxía Enerxética (GTE), pertencente ao CINTECX

Nesta charla, mergullaraste no apaixonante mundo da ciencia de datos e descubrirás que implica realmente ser unha científica de datos. Aínda que a ciencia de datos é un tema de actualidade, o seu verdadeiro propósito e aplicacións poden resultar confusos para moita xente.
Nesta sesión, desvelaremos os segredos da súa rutina, explorando as tarefas, desafíos e procesos clave que forman parte do seu traballo. Tamén coñecerás como se recompilan, analizan e utilizan os datos para obter información valiosa e tomar decisións ben fundamentadas.
Ademais, ao ter unha científica de datos como relatora, poñerase en valor o papel das mulleres na ciencia e compartiranse experiencias e consellos sobre como seguir unha carreira neste ámbito.
Duración estimada: 20 min.

Alén dos Xenes: como o sexo e o xénero impactan nas enfermidades

Con Diana Valverde, do Grupo de Investigación Xenómica e Biomedicina, pertencente ao CINBIO.
e Paloma Morán, do grupo de investigación de Xenética de Poblacións e Citoxenética, pertencente ao CIM.

Charla para abordar a relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades. As relatoras van explorar como o sexo biolóxico e as construcións sociais do xénero interactúan na saúde, e explicar que hai enfermidades que son consecuencia directa do sexo biolóxico, mentres que noutras a relación co xénero está clara. Na charla primeiro farán fincapé en aspectos básicos e posteriormente ilustrarán con diferentes exemplos tanto enfermidades que están relacionadas co sexo como as que están relacionadas co xénero e aquelas outras nas que é moi difícil distinguir se o que inflúe é o sexo ou o xénero.
Duración estimada: 30 min.