Obradoiro CITENI | Enerxía azul: xogando a crear o mar do futuro

Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar

LUGAR | Laboratorio de Robótica (Edificio de Talleres – Escaleirón 2º andar ou espazo alternativo) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

As enerxías renovables tamén veñen do mar: o vento, o sol e as ondas poden transformarse en electricidade limpa. Neste obradoiro imos construír turbinas eólicas con pezas de LEGO e xogaremos a deseñar un parque mariño eficiente. O océano é unha fonte inesgotable de enerxía sostible. 

A través deste obradoiro coñeceremos os principios básicos das enerxías renovables mariñas: a forza do vento (eólica), a luz do sol (solar) e o movemento das ondas (undimotriz). Para comprender como funcionan e que retos teñen, experimentaremos de forma práctica: construíndo turbinas eólicas con LEGO e participando nun xogo de mesa no que haberá que tomar decisións estratéxicas para optimizar recursos e crear o parque mariño máis eficiente. Ciencia, creatividade e diversión para imaxinar un futuro enerxético máis azul.

+info

Visitas escolares de mañá | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal
Xornada de tarde | Público familiar | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com
20 min.