Pontevedra
De 19.00 a 21.00 h
Presencial
Público xeral
LUGAR DE PARTIDA | Misión Biolóxica de Galicia, Carballeira 8, Salcedo (Pontevedra)
ORGANIZA | Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)
PRAZAS | 25 persoas (inscrición previa)
Con esta actividade queremos falar da perda de Biodiversidade, do cambio global, da escaseza de auga, da saúde do solo e das sementes e da súa importancia para alimentar o Mundo. Nela, as persoas participantes deberán colaborar para resolver unha serie de enigmas seguindo as pistas que recibirán en tres charlas do persoal investigador da MBG-CSIC.
As persoas participantes terán que adoptar o papel dun grupo de investigadores nun Mundo (case) apocalíptico onde os Recursos Fitoxenéticos case desapareceron. O persoal investigador falará das súas investigacións e os participantes terán que resolver o enigma e conseguir que os cultivos volvan medrar por toda a Terra.
A actividade realizarase na sede da Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra e as persoas participantes asistirán ás charlas en diferentes emprazamentos dentro da finca da MBG-CSIC como un laboratorio, a biblioteca e o xardín. O espazo da MBG en Pontevedra conta cunha finca de 10 hectáreas e tres edificios, entre eles o do Pazo de Gandarón, e un magnífico xardín onde terá lugar a charla final da actividade.
INSCRICIÓN PREVIA enviando un mail a pedro.peon@csic.es solicitando inscribirse no Escape room.