Ferrol
10.30 a 12.00h.
Presencial
Estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, bacharelato e Formación Profesional
Prazas: 120
LUGAR | CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana, s/n (Ferrol)
ORGANIZA | Axencia Galega de Innovación. CIS Tecnoloxía e Deseño
Vivimos nunha época de innovación, de cambio constante, no que aparecen case a diario materiais innovadores, aplicacións e dispositivos que prometen mellorar a nosa vida. Que leva a un produto ao éxito? Como se deseñou? Podo ser eu o creador do próximo unicornio? Son algunhas das preguntas ás que daremos resposta.
A charla-show científico consistirá nun percorrido por materiais e tecnoloxías disruptivas que cambiarán —ou están a cambiar xa— a nosa forma de vida, reflexionando en paralelo sobre os factores que levan ao éxito ou abocan ao fracaso a un proxecto.
Contidos da charla:
- Importancia da innovación. Cada vez innóvase máis e máis rápido. Innovar dá vantaxes sociais e competitivas, aumentando a empregabilidade e diminuíndo a precariedade. Ímosnolo/Ímonolo a perder?
- Materiais innovadores. Parécenos que todo está inventado neste ámbito. Descubriremos a través de exemplos tan sorprendentes como líquidos illantes eléctricos ou camisetas que non se manchan as grandes posibilidades innovadoras deste campo
- Realidade Virtual. O libro “Ready player one” preséntanos un futuro distópico no os humanos pasan o seu tempo de lecer nun mundo virtual. Empresas como Meta están a tentalo recrear Chegará a pasar?
- Intelixencia Artificial. Exploraremos os últimos avances da man de ChatGPT3 e Dall-e ou Teachable Machine e reflexionaremos sobre o seu potencial de futuro e como vai afectar tanto á comunidade educativa como á sociedade.
- Robótica. Penetrámonos nunha nova era. Empresas como Boston Dynamics ou Xiaomi están a desenvolver robots con capacidades inimaxinables hai uns anos. Descubramos as súas capacidades e utilidade.
- Biomedicina. Cada vez avanzan máis as tecnoloxías médicas. Veremos como un lector de ondas cerebrais pode explicarnos os segredos da mente ou unha simple cámara de computador permítenos parametrizar o pulso cardíaco.
- Reflexión final. Para finalizar a charla, convidaremos os participantes a unha reflexión final sobre a importancia da innovación e non ter teitos de cristal. Desde Galicia temos todas as ferramentas e o talento para converternos nun referente internacional en innovación.