Experiencia coa realidade aumentada e realidade virtual. Visitas concertadas

Ferrol
9.30 a 13.30h
Presencial
Público escolar

Prazas: Visitas concertadas

LUGAR | CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana, s/n (Ferrol)
ORGANIZA | Axencia Galega de Innovación. CIS Tecnoloxía e Deseño

2 sesións: de 9.30 a 11.15h (25 prazas) e de 11.45 a 13.30h (25 prazas).

Os estudantes poderán coñecer as instalacións de Realidade Virtual (RV) e Realidade Aumentada (RA) do CIS Tecnoloxía e Deseño e do Centro de Excelencia para o Sector Naval (CESENA).

No CIS Tecnoloxía e Deseño visitarán o showroom onde será posible probar diferentes dispositivos de realidade virtual e aumentada con aplicacións desenvolvidas para diferentes sectores. Tamén acudirán á Sala de Demostradores onde se terá a oportunidade de probar diferentes desenvolvementos realizados con realidade virtual e aumentada no marco de diferentes proxectos europeos.

No CESENA visitarán o Centro de Experiencia Dixital que conta con diferentes equipos de Realidade Virtual a través dos cales se pode comprobar de forma inmersiva o deseño dun buque, a simulación da súa construción ou a formación de operarios en diferentes tarefas de fabricación ou mantemento de buques.

CIS Tecnoloxía e Deseño

O CIS Tecnoloxía e Deseño é un organismo público pertencente á Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e orientado tanto a empresas coma a entidades do ecosistema galego de I+D+i. O seu labor consiste en ser impulsores da innovación para xerar valor económico, social e sostible.

CESENA

O Centro de Excelencia para o Sector Naval (CESENA) é un centro de referencia que ten como misión promover, apoiar e dinamizar a transformación dixital da industria naval española, promovendo a colaboración entre os diferentes axentes do sector.