Poéticas do descarte: materialidades residuais e sostibilidade na arte contemporánea
As aproximacións contemporáneas á arte han problematizado de maneira insistente a noción de residuo, desprazándoa da súa condición de refugallo cara á dun recurso estético e crítico. Gabrys (2011) sinalou como os restos materiais permiten visibilizar as infraestruturas invisibles da produción e o consumo, mentres que Hawkins (2006) entende o residuo como un nodo relacional capaz de articular dimensións afectivas, sociais e políticas. Nunha liña complementaria, Lange-Berndt (2015) subliña que os materiais non son soportes neutros, senón axentes activos que portan historias, temporalidades e conflitos que exceden a forma artística, situando a práctica nun constante proceso de negociación entre materia, contexto e discurso.
Desde esta perspectiva, a sustentabilidade configúrase na arte actual como un marco crítico e operativo. A reutilización de refugallos e elementos da natureza non só implica un xesto estético, senón tamén unha toma de posición fronte ás lóxicas extractivistas e de consumo que dominan o presente. Neste sentido, as pezas do proxecto BETWEEN inscríbense en @dicha lóxica, ao ser realizadas con tintas serigráficas residuais e elementos naturais atopados. A súa configuración cuestiona as xerarquías entre o útil e o descartado, activando unha reflexión sobre as implicacións estéticas, políticas e ecolóxicas de traballar co residual, e propoñendo á vez unha poética do sostible.
