Exposición física de casos de éxito de transferencia de tecnoloxía matemática á empresa

 

Santiago
18.00 h
Presencial
Público en xeral

Prazas: –

LUGAR | Xardín das Pedras que Falan (Zona Vella), Santiago de Compostela
ORGANIZA | Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

Trátase dunha exposición que pon en valor a Transferencia da Tecnoloxía Matemática á industria e á Sociedade.
Expóñense 14 casos de éxito de transferencia matemática á industria, desenvoltos entre os anos 2013 e 2020 polo ITMATI (Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), actualmente integrado, como oficina de transferencia dos resultados da investigación, no CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), que non só aúna a transferencia de tecnoloxía matemática galega senón que engloba a todo o polo científico de investigación matemática e de transferencia. Iniciativa das tres universidades galegas que aspiran a compartir visión e estratexia para aproveitar a capacidade e reputación actual das matemáticas galegas, creando unha entidade de I+D sostible, con relevante impacto.
Na descrición de cada panel (cinco en total) recollense gráficos e imaxes que permitan unha comprensión sinxela da importancia para a sociedade da aplicación na vida real dos coñecementos científicos non eido dás matemáticas.
A transversalidade das matemáticas permítenos axustarnos ás necesidades de empresas de calquera sector de actividade. Para logralo, contamos cun extenso equipo de expertos nas que por agora son as nosas áreas de especialización en transferencia:

  • Simulación Numérica.
  • Estatística e Big Data.
  • Optimización.
  • Computación como a cuarta liña transversal ás outras tres.

As nosas solucións integran a tecnoloxía matemática máis avanzada para contribuír de forma decisiva a xerar valor engadido en múltiples sectores de actividade económica e en temas moi diversos, como o control de calidade, a simulación e optimización de procesos ou a xestión e planificación de recursos.

Esta exposición permanecerá nesos xardines os días 24, 25 e 26 de setembro de 2021, posteriormente a exposición moverase a outra localización no Campus Sur (Campus Vida) en Santiago de Compostela: “Praza do Seminario de Estudos galegos” (27 de setembro-15 de novembro de 2021).

NOTA: A entrada será sen rexistro previo. Será obrigatorio o uso da máscara e distancia de seguridade.