Fabrica o teu propio anticorpo

A Coruña
18.00 a 22.30 h
Presencial
Público familiar

Prazas: –

LUGAR | Praza de María Pita, A Coruña
ORGANIZA | SEBBM

Obradoiro interactivo onde empregando cartas de baralla, tixeiras e outros utensilios construiremos un anticorpo, ao mesmo tempo que explicaremos que é un anticorpo, como se produce, e para qué serven.
Idades: de 6 a 12 anos.

Organizado por María Mayán, do Grupo de Investigación CellCOM no Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC), conta coa participación de Amanda Guitián e María Mayán.

 
A inscrición realizarase directamente na Praza de Maria Pita (seguindo o protocolo COVID).