FEIRA CIENTÍFICA | Edificio Redeiras

Vigo
17.00 a 21.00 h
Presencial
Público xeral

Prazas: acceso libre (Con control de aforo)

LUGAR | Edificio Redeiras
ORGANIZA | Universidade de Vigo

Interior do edificio redeiras

Arte & ciencia | creando arte coa natureza

Que cores agocha a natureza? Neste obradoiro, ciencia e arte únense para experimentar cos pigmentos naturais que podemos atopar no noso día a día. As nenas e nenos poderán crear as súas propias tinturas partir de materiais como o café, a cúrcuma ou a remolacha e utilizalas para tinguir pequenos anacos de papel. Finalmente, todas esas creacións individuais uniranse para formar unha obra colectiva, creada entre todas e todos. Unha actividade para descubrir, experimentar e crear, demostrando que a ciencia tamén pode ser unha forma de arte.
Investigadora predoutoral e docente: Tatiana Lameiro González

Movendo cousas no mundo real e virtual

Gustaríache experimentar coa realidade virtual a práctica de windsurf ou dar un paseo pola praia de Samil? Neste posto interactivo poderás aprender xogando algunha das diferentes maneiras nas que as persoas interactuan coas máquinas e robots. Non o perdas!

PRIMEIRO ANDAR

Do lume á enerxía

Que necesita unha chama para arder? Neste posto aprenderemos de forma práctica o triángulo da combustión e como os seus tres elementos determinan que unha chama se manteña ou se apague. Para rematar, poremos todo o aprendido a proba cun espectacular experimento de chama confinada.Obradoiro interactivo con experimentos e exhibicións para achegarse ás distintas áreas da enxeñaría industrial —química, materiais, electrónica, automática, robótica, biomédica etc.— para ver como a ciencia e a tecnoloxía transforman o mundo que nos rodea.

A vida baixo os nosos pés: unha misión para detectives da biodiversidade do solo

Convértete en detective da natureza e explora o fascinante mundo oculto que vive baixo os nosos pés. Mediante mostras reais, lupas e xogos de identificación, descubrirás os pequenos animais do solo e o seu papel clave no funcionamento dos ecosistemas. Unha viaxe ao universo invisible que sostén a vida na Terra.

UVigo Aerotech: suca o ceo e o espazo con nós

O maior equipo universitario de aeromodelismo e foguetaría nado en Galicia. Transforman a teoría das aulas en aeronaves e foguetes listos para competir no ámbito internacional, co obxectivo de impulsar os seus coñecementos en enxeñaría.

Coches do futuro: conduce a toda velocidade coa rede 5G

Ponte ao volante do noso vehículo teleoperado e acepta o reto! A través dun simulador de condución por cámara, as e os participantes experimentarán en tempo real a diferenza entre conducir cunha rede convencional e unha rede 5G de ultrabaixa latencia. Serás capaz de completar o circuíto sen chocar cando a rede se satura? Descubre de forma práctica por que as comunicacións móbiles do futuro son a clave para a condución autónoma.

Pero ti sabes con quen estás falando?

Usas habitualmente os bots de charla, pero non coñeces como funcionan realmente estas ferramentas e que riscos supoñen? Neste posto aprenderás a empregalos correctamente e todas súas utilidades.

Luz sen cables? A maxia do plasma

Descubre o poder invisible do plasma! Unha bóla de plasma acende, sen cables nin contacto, un tubo fluorescente no aire. Unha experiencia sorprendente para coñecer o cuarto estado da materia e o seu campo eléctrico.

CITMAGA | cóntancho os datos

Neste taller trataremos conceptos de probabilidade e estatística que nos axudarán a elixir as mellores estratexias de xogos de mesa e a asesorar a un entrenador de baloncesto na toma de decisións durante un partido. Ao longo deste proceso exploraremos as súas aplicacións en situacións da vida real. En concreto, utilizaremos estes coñecementos para eleixir as mellores estratexias en diferentes xogos de mesa.

SEGUNDO ANDAR

Ostras e estrelas

Obra de teatro de marionetas para poñer en valor o papel das nenas e mulleres na ciencia, mediante un enfoque lúdico e educativo, utilizando a acuicultura galega como base. Tras a obra presentaremos un obradoiro no que aprenderemos a usar ferramentas como microscopios, lupas e outro material de laboratorio. Ademais, realizaremos tarefas de traballo manual relacionadas coa acuicultura.

Dúas quendas, ás 17.15 h e  ás 18.30 h

INSCRICIÓN

Non o tires: convérteo en bioplástico

Sabías que as mondas de pataca, o bagazo de uva, os pousos de café ou as cascas de laranxa poden ter unha segunda vida? Nesta actividade interactiva analizaremos a gran cantidade de subprodutos xerados pola industria alimentaria e mostraremos que estes non son un lixo sen valor, senón que agochan ingredientes útiles con novas oportunidades de aproveitamento, como amidón, fibra, pigmentos, aromas ou compostos antioxidantes.

Varias quendas:

INSCRICIÓN
TERCEIRO ANDAR

Materiais camaleónicos: fibras que responden a estímulos

Nesta actividade o público poderá descubrir como a química e os materiais intelixentes están presentes en elementos tan cotiáns como a col lombarda. Co emprego de produtos habituais como o vinagre ou o bicarbonato, as persoas asistentes observarán en directo sorprendentes reaccións e comprenderán, dun xeito ameno e participativo, como a ciencia permite crear materiais sensibles e innovadores con múltiples aplicacións.

A viaxe da auga: un dereito que debemos coidar

A través dun xogo colaborativo entenderás a necesidade social da auga potable e a importancia do seu uso sostible. Ademais de coñecer como se xestiona xuridicamente como un servizo público.

Detectives de infraestruturas

Prepárate para mergullarte no presente e no futuro da detección avanzada de riscos en estradas mediante técnicas automatizadas de última xeración. Desde técnicas remotas e intelixencia artificial ata metodoloxías BIM e a integración de ensaios non destrutivos. Descubre os resultados dos proxectos OVERSIGHT e RADAR-EYE.

Que enxeñeira ou enxeñeiro industrial queres ser?

Obradoiro interactivo con experimentos e exhibicións para achegarse ás distintas áreas da enxeñaría industrial —química, materiais, electrónica, automática, robótica, biomédica etc.— para ver como a ciencia e a tecnoloxía transforman o mundo que nos rodea.

Termografía infravermella: é posible ver a calor?

Actividade interactiva para amosar o impacto e os usos da termografía, especialmente na eficiencia enerxética. Mediante o uso dunha cámara termográfica, os e as asistentes poderán visualizar a radiación infravermella que emiten os corpos.

A información voa á velocidade da luz

Desde o primeiro momento en que abrimos os ollos, a luz acompañounos en todos os aspectos da nosa vida. Desde a vista ata a calor da nosa pel. A nosa experiencia, con todo, é só unha pequena parte do que esconde esta propiedade física. Nesta pequena exposición afondaremos nalgunhas propiedades da luz que nos permiten comunicarnos a distancias incribles non só de forma eficiente senón tamén con seguridade. Afondaremos na física e na tecnoloxía que permitiron conectar o mundo tal e como o coñecemos hoxe.

Evolución molecular en xogo

Os virus forman parte da nosa vida cotiá, desde os arrefriados máis comúns ata pandemias globais. A súa capacidade para cambiar e adaptarse —o que chamamos evolución— é unha das razóns polas que poden escapar dos tratamentos e seguir afectándolle á saúde humana. Pero, como funciona esta evolución e que papel xogan o ADN, as mutacións ou as proteínas?

Desmontando mitos, descubrindo alimentos: a ciencia da alimentación funcional

Os asistentes ao noso obradoiro poderán desenmascarar mitos e realidades da alimentación funcional. Un posto para ver, cheirar, tocar e probar alimentos saudables, sostibles e resilientes elaborados na Universidade de Vigo.