Vigo
19.30 a 21.00 h
Presencial
Público en xeral
Prazas: 60
LUGAR | Salón de actos do Museo MARCO, Vigo
ORGANIZA | Universidade de Vigo con Honorino García
Luthieria electrónica e experimental é unha mostra e práctica de instrumentos deseñados e construídos por Honorino García na que ofrecerá un percorrido pola luthería contemporánea a través de instrumentos novos creados a través de obxectos cotiáns e últimas tecnoloxías levadas á música. Estes entes sonoros parten da descontextualización dun obxecto dentro da obra de arte. Obxectos que cun sentido e significado claro, pasan a ser vestidos pola obra de arte e o seu contexto cun significado completamente diferente.
A democratización das novas tecnoloxías e os materiais de última xeración, hoxe máis que nunca nos permiten converter case calquera obxecto en algo totalmente diferente para o que foi deseñado na súa orixe.
Este percorrido busca mostrar as posibilidades sonoras, técnicas e filosofía que se esconde tras estas propostas.
RESERVA DE PRAZA*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.