ECOBAS | Natureza, empresa, ciberespazo? Bingo!

Vigo
17.00 – 21.00 h
Presencial
Público xeral

Natureza, empresa, ciberespazo? Bingo!

LUGAR | Edificio Redeiras, terceiro andar
ORGANIZA | Universidade de Vigo e ECOBAS

Porque somos seres sociais que interactuamos coa natureza e porque a actividade humana impacta en todo o que nos rodea, en modo analóxico e en dixital, convidámosvos a un percorrido polos temas da investigación en sostibilidade cos que, sen sabelo, gobernan cada día distintos aspectos das nosas vidas. Participa nos diversos obradoiros que temos preparados. Tes agasallo asegurado! 

Descubre a túa pegada ecolóxica

Cantos planetas serían necesarios se todas as persoas vivisen coma ti? Nesta actividade interactiva poderás calcular a túa pegada ecolóxica mediante unha ferramenta dixital sinxela e intuitiva. Descubrirás como os teus hábitos de vida inflúen sobre os recursos do planeta e coñecerás pequenas accións cotiás coas que contribuír a reducir a túa pegada, protexer a natureza e transitar cara a unha economía mais circular e sostible.

Desafío Climático

E se puideras contribuír a salvar o planeta? Pon a proba os teus coñecementos sobre o cambio climático nunha experiencia express e resultados en tempo real, sen necesidade de experiencia previa, ideal para calquera idade.

Escapa dos bulos con ciencia

Ponte a proba coa nosa “Escape Box”: atrévete a salvar unha empresa que corre serios riscos por culpa do efecto de mitos e bulos que amenazan a súa actividade e que ti deberás desmontar. O propósito, a sostibilidade e a competitividade, a innovación, a intelixencia artificial, a estratexia empresarial… ofrecerán un percorrido de retos que resolver. Deberás seguir as diferentes pistas, desvelar o que agochan… e lograr abrir a caixa. Conseguirás o teu agasallo! E será empregando a ciencia como ferramenta (infalible) contra a desinformación.