Ferrol
10.00 a 20.30 h
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS: Varias quendas de 10 prazas. Ver detalle.
LUGAR | LAIL do CITENI, Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Esta actividade proporcionará unha introdución ás aplicacións láser baseadas nas propiedades dun raio láser.
Introduciranse os modos de operación: funcionamento continuo de ondas e operación pulsada.
A actividade pecharase cunha pequena demostración da fabricación asistida por láser.
- Sesións escolares de 10 a 13.00h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.cit@udc.gal
- Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20.30h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com