Ferrol
10.00 a 20.30 h
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS: Varias quendas de 10 prazas. Ver detalle.
LUGAR | Laboratorio de Fluidos do CITENI. CITENI, Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Nese taller explicaráselle aos asistentes unha propiedade extraordinaria dos líquidos: a tensión superficial. Verase a través de experimentos sinxelos como, grazas a ela, unha peza de moeda pode flotar en auga, un barco pode ser propulsado sen enerxía ou, mesmo, como se poden suprimir ondas no mar.
- Sesións escolares de 10 a 13.00h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.cit@udc.gal
- Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20.30 h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com