Ferrol
Presencial
Público escolar e público xeral
LUGAR | Laboratorio de robótica (Edificio de Talleres – 1º andar) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, en colaboración co CITIC. Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
No taller de robótica intelixente, exploraremos as diferenzas fundamentais entre a robótica tradicional, caracterizada por tarefas preprogramadas e repetitivas, e a robótica autónoma, que utiliza sensores e intelixencia artificial para tomar decisións e adaptarse a contornos cambiantes. Para tal fin, realizaranse diversas demostracións con robots humanoides e brazos robóticos.
*Esta actividade será impartida por persoal investigador do CITIC, en colaboración co CITENI.
+info
· Xornada de mañá | Visitas escolares | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal (prazas esgotadas).
· Xornada de tarde | Público xeral | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com.
· Duración aprox: 20 min.

