Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (Edificio de Talleres – Soto) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Como ensaiar o motor dun coche cando o coche aínda non se fabricou? O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) presentará un prototipo de banco de ensaios cíber-físico para motores eléctricos. Nun banco cíberfísico de ensaios próbanse compoñentes reais de vehículos (no noso caso, os motores que moven o coche) controlados por unha simulación do vehículo nunha contorna virtual. Así pódense ensaiar compoñentes en condicións de funcionamento reais, aínda que non se dispoña dun coche completo en que probalos. Mostraranse tamén diferentes máquinas de ensaios deseñadas e construídas no laboratorio para medir propiedades mecánicas das redes de pesca, explicaranse os seus compoñentes e funcionamento.
+info
Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20 h. Entrada libre ata completar capacidade.
Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com