Obradoiro CITENI | Visualizando a radiación nuclear e a supercondutividade

Ferrol
Presencial
Público escolar e público xeral

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Sala de reunións  (Edificio CITENI – 3º andar) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

Neste obradoiro empregaremos unha cámara de néboa para amosar partículas alfa saíndo dun núcleo radiactivo. Explicaremos que é a radiación como proceso natural. Tamén amosaremos o funcionamento dun supercondutor en levitación magnética. 

+info

· Xornada de mañá | Visitas escolares | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal (prazas esgotadas).
· Xornada de tarde | Público xeral | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com.
· Duración aprox: 20 min.