A Coruña
26 de setembro, de 18:00 h. a 21:00 h.
Presencial
Público familiar
PRAZAS: ACCESO LIBRE
LUGAR | Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria) (A Coruña)
ORGANIZA | CICA e Universidade da Coruña
Nos Obradoiros CICA pola Saúde Global atoparás unha programación diversa e interactiva que amosa como a ciencia contribúe a coidar do planeta e das persoas.
• AQUATERRA
Explora as características dos distintos tipos de solo, a súa capacidade para reter contaminantes e a importancia de mantelos cubertos para frear a erosión. Unha viaxe ao mundo que pisamos cada día para descubrir o seu papel esencial na saúde do planeta.
• UDC SÓLIDOS
Coñece a través da termografía como funcionan os materiais de cambio de fase, claves para aplicacións enerxéticas sostibles e novas tecnoloxías de almacenamento.
• QUIMBIO – A maxia química das cores
Experimenta coa cromatografía, o pH e a fluorescencia nun taller cheo de cores, reaccións e descubrimentos para entender a química que nos rodea.
• ADVANCED BIOFAB
Adéntrate no futuro da biomedicina coas técnicas máis innovadoras de bioimpresión 3D: imprime estruturas con luz e biomateriais, constrúe mini-órganos e descobre como guiar células para recrear tecidos e sistemas do corpo humano.
• GRICA
Viaxa ao pasado da Terra co obradoiro de paleoclimatoloxía: aprende as técnicas que permiten analizar climas pasados para comprender mellor o presente e predicir o futuro do noso planeta.
• LISTE: Obradoiro sobre fabricación de baterías para almacenamento de enerxías renovables.
Persoas investigadoras: Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña.
