A Coruña
Sábado, 30 de setembro ás 11:30 h.
Presencial
Público cativas e cativos entre 6 a 10 anos
Prazas: 16
LUGAR | MUNCYT
ORGANIZA | Universidade da Coruña
Os mozos inventores que asistan ao taller aprenderán conceptos básicos de electrónica e a súa utilidade na súa vida cotiá. Tamén aprenderán algunhas curiosidades sobre aspectos relacionados co electromagnetismo.
Actividade desenvolvida por membros do Departamento de Enxeñería de Computadores e o Centro de Investigación (CITIC) da Universidade da Coruña.
Reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727 ou no despacho de billetes do museo. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email e número de teléfono.
Coa colaboración de: