Obradoiro CITENI | Este sólido está moi líquido?

Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (Edificio CITENI – 3º andar) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

O grupo de investigación Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais presentará actividades relacionadas cos seus obxectos de estudo: utilización dunha cámara térmica, reoloxía e maicena, tensión superficial e soletas podolóxicas (estudo da marcha e da pisada, escaneamento 3D do pé, deseño do tratamento por computador e fabricación mediante impresora 3D).

+info

Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20.00 h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com