Santiago de Compostela
Localización | INCIPIT
Horario | de 19.00 a 20.00 h
Público xeral | Inscrición previa: valorizacion@incipit.csic.es
Prazas limitadas con reserva previa
LUGAR | INCIPIT
ORGANIZA | INCIPIT-CSIC
Obradoiro | O pasado foi vexetal.
Un percorrido pola nosa historia da man das plantas
As plantas acompáñanos desde a Prehistoria. A partir dunha serie de obxectos e outro tipo de evidencias vexetais recuperados en contextos arqueolóxicos de diferentes lugares do mundo realizaremos un percorrido desde a Prehistoria ata o mundo actual. Estas mostras que habitualmente analizamos no laboratorio, a pesar de ser das máis fráxiles que podemos atopar no rexistro arqueolóxico, conteñen unha valiosa información que nos permite reconstruír microhistorias e episodios concretos do noso pasado.
Inscrición previa | valorizacion@incipit.csic.es
Duración estimada: 60 minutos
