Obradoiro | Gradiente de densidade

A Coruña
26 de setembro, de 18:00 h. a 21:00 h.
Presencial
Público en xeral

PRAZAS: ACCESO LIBRE
LUGAR | Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria) (A Coruña)
ORGANIZA | Asociación Española Contra o Cancro en A Coruña e Universidade da Coruña

O obradoiro trata de dar a coñecer ao público unha das técnicas utilizadas polas persoas investigadoras: a separación por gradiente de densidade. Con esta técnica, sepáranse os distintos compoñentes dunha mestura en función da súa densidade como, por exemplo, pode facerse cos distintos compoñentes do sangue. Nun dos tratamentos máis innovadores contra o cancro, a inmunoterapia, esta técnica é utilizada para separar as células, de xeito que poden aillarse os linfocitos (parte das defensas do corpo humano) e adestralos para conseguir atacar eficientemente as células tumorales.

Persoas investigadoras:  Ailenis Rosales, Berta Bernárdez, Carolina Vega, Melissa Cuan (Voluntarias pola Ciencia da Asociación Española contra o Cancro)