Ferrol
Presencial
Público escolar
PRAZAS | Varias quendas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Fluídos (Edificio CITENI – 3º andar). Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Sabías que existen plásticos capaces de esvaecerse sen deixar rastro no medio ambiente? Neste obradoiro descubrirás como funciona a súa biodegradación e verás unha simulación do proceso en directo. Os plásticos forman parte da nosa vida cotiá, pero tamén son un dos grandes retos ambientais do século XXI. Porén, a natureza e a ciencia aliáronse para crear unha alternativa máis sostible: os biopolímeros, plásticos que poden biodegradarse.
No obradoiro aprenderemos que son, como se producen e por que se degradan.
Logo faremos unha simulación para observar, de maneira sinxela e visual, como estes materiais se transforman ata desaparecer. Unha experiencia práctica para entender que a enxeñaría tamén pode axudar a coidar o planeta.
+info
Visitas escolares de mañá | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal
20 min.

