Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Plásticos (Edificio CITENI – 2º andar) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Obradoiro de impresión 3D en plásticos que ten como obxectivo achegar ao público as máis recentes técnicas de fabricación aditiva en polímeros e o desenvolvemento de novos materiais funcionais, específicos para a impresión 3D, máis sostibles e con menor impacto medioambiental. O público poderá ver como funcionan dous tipos de impresoras (unha impresora de resina DLP e unha impresora 3D de filamento), a preparación de novos filamentos para a impresión FDM e novidosas aplicacións con materiais innovadores.
+info
Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20 h. Entrada libre ata completar capacidade.
Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com