Que non, que non é élfico! Obradoiro para descifrar as escrituras antigas (IEGPS)

Santiago de Compostela
17:00 h.
Presencial
Público xuvenil (11 a 14 anos)

Prazas limitadas con inscrición previa: divulgacion@iegps.csic.es

LUGAR | Seminario “Ángel Rodríguez González” do IEGPS (Rúa de San Roque, 2)
ORGANIZA | IEGPS, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

Obradoiro sobre Paleografía. Falarase da Paleografía como ciencia para ler as escrituras antigas, dos utensilios e as prácticas dos escribáns e farase un percorrido polos distintos tipos de letra desde a Idade Media a través de retos e mensaxes contidos na selección de documentación medieval e moderna que se preparará para o obradoiro. A rapazada fará a súa tinta e creará o seu pergamiño con pluma seguindo os modelos antigos.

Impartido por Miguel García-Fernández, María Rivo Vázquez e Jeniffer Fernández González, membros do IEGPS

IEGPS, 1h 30minutos