Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Fluídos (Edificio CITENI – planta baixa) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Desde os túneles de vento máis pequenos, para calibrar anemómetros, ata os máis grandes, para probar coches de Fórmula 1 de tamaño real, ides aprender como funcionan estes equipos indispensables nos laboratorios de aerodinámica. Ofrecerase un percorrido polos túneles de vento do CITENI, en particular polo túnel de circuíto pechado, recentemente renovado, en que se pode estar de pé na sección de ensaios.
+info
Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20 h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com