Obradoiros | Aprendendo Economía do día a día e Marketing

Ferrol
18.10 ás 21.00 h
Público xeral

Prazas: acceso libre

LUGAR | Centro Cívico de Canido, sala de usos múltiples
ORGANIZA | Universidade de A Coruña

Obradoiros que se desenvolverán na xornada da G-Night:

18.10-19.00 h.

Nin o imaxinas: a importancia da economía para o día a día

SALA | Sala de usos múltiples
EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Alvarez García e Xhania Aneiros Taboada, Facultade de Economía e Empresa, Universidade da Coruña

Vanse a presentar conceptos de economía que son básicos e que están relacionados coa actualidade (como inflación, reduflación, tipo de interese simple, tipo de interese composto, débeda pública, bonos do Estado, préstamos, hipotecas, nómina, factura, ticket)

O obxectivo do taller é conseguir que os participantes poidan entender mellor as noticias que escoitan ou len e poidan familiarizarse co razoamento financeiro e ideas que lles van a servir no seu día a día.

Márketing e eleccións europeas

SALA | Biblioteca
EQUIPO DOCENTE | Javier Orosa González e Joaquín Enríquez Díaz, Facultade de Economía y Empresa, Universidade da Coruña

Os medios dixitais, e dentro deles de xeito moi especial as redes sociais, teñen cada vez unha maior relevancia como ferramentas para comunicar as diferentes ofertas electorais dos diferentes partidos e chegar así aos votantes e indecisos. Estes cambios fixeron que os vídeos electorais teñan cada vez un papel máis fundamental nas diferentes campañas.

Tendo en conta este contexto, neste obradoiro imos analizar o uso dos vídeos electorais empregados polos distintos partidos durante as pasadas eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño de 2024

19.15-20.00 h.

Consumes moda sostible? A moda ecolóxica e a moda de segunda man

SALA | Sala de usos múltiples
EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Alvarez García e Tania Carril Blanco, Facultade de Economía e Empresa, Universidade da Coruña

Un dos problemas da industria textil son os procesos de producción contaminantes. Moitos deles conlevan un elevado consumo de auga, de enerxía e de químicos.

Dunha maneira dinámica, facendo partícipe aos/as participantes no obradoiro (vendo o tipo de moda que consumen), preténdese que coñezan as diferenzas entre a coñecida como Fast Fashion e a Slow Fashion.  Farase fincapé nas principais tipoloxías de moda sostible que se pode consumir: a roupa ecolóxica e a roupa de segunda man.

O obradoiro axudará aos/as participantes a coñecer que tipo de moda consumen e a reflexionar sobre a impotancia que ten o consumo no cambio hacia unha industria textil máis sostible.

20.15-21.00 h.

Desmontando as finanzas. Descobre que sabes de educación financeira

SALA | Sala de usos múltiples
EQUIPO DOCENTE | Begoña Alvarez García, Joaquín Enríquez Díaz e Xhania Aneiros Taboada, Facultade de Economía e Empresa, Universidade da Coruña

Todos tomamos decisións financeiras de maneira cotiá (ao elixir entre un cartón de débito ou de crédito, ao abrir unha conta corrente, ao facer compras por Internet cun cartón?). Estas decisións cada vez empézanse a tomar antes e, por iso, é importante ofrecer educación financeira á poboación

Co taller preténdese que os asistentes: 1) empecen a pór en práctica habilidades financeiras, 2) familiarícense con ideas como planificar as compras ou evitar un endebedamento innecesario e 3) aprendan a avaliar criticamente as cuestións económicas subxacentes as prácticas de consumo que levan a cabo.

Márketing e eleccións galegas

SALA | Biblioteca
EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz e Javier Orosa González, Facultade de Economía y Empresa, Universidade da Coruña

A política pódese analizar como un mercado no que a demanda e a oferta interactúan. Por unha banda, o electorado presenta necesidades de goberno que deben ser satisfeitas e, por outra, as distintas formacións políticas deben formular propostas que satisfagan estas necesidades. Ademais, deben comunicar estas propostas da forma máis eficaz posible. Tendo isto en conta, xorden unha serie de preguntas ás que tentar dar resposta: Que queren transmitir os partidos políticos nos seus vídeos preelectorais? Priorizan os estímulos emocionais ou cognitivos?. Neste obradoiro tentaremos respostar a estas preguntas analizando os vídeos electorais dos principais partidos políticos que concurriron ás pasadas eleccións ao Parlamento Galego do 2024.