Santiago
18.00 ás 21.00 h
Público xeral
Prazas: acceso libre
LUGAR | Claustro do Colexio de Fonseca, Rúa do Franco s/n
ORGANIZA | Universidade de Santiago de Compostela, IDIS, CITMAga e INCIPIT
Atoparás diferentes obradoiros e demostracións. Consiste en que podas ver, tocar e experimentar.
CIMUS
Xogando na cociña con cores
Empregando ingredientes que se atopan en calquera cociña, extraeremos ADN de amorodos.
Con cultivos “coloreados” de bacterias poderemos ver como manipulando o xenoma somos capaces de modificar algunhas das características dos seres vivos. Pequenos cambios no “código” fan que cambie a súa cor.
ADN, cromosomas e divisións celulares
Neste obradoiro descubriremos os mecanismos de división celular eucariota utilizando técnicas de microscopía básica e modelos 3D de realidade aumentada.
Grazas a estas técnicas poderemos comprender un dos procesos máis relevantes da vida, adaptándoo a todos os públicos.
Nanociencia de cores: unha práctica para ver o invisible
Neste taller observaremos a formación de microcápsulas de cores a partir de alxinato de sodio e cloruro de calcio mediante o método coñecido como xelificación ionotrópica.
O uso da esferificación está amplamente estendido na industria alimentaria e na medicina; neste último campo tamén se emprega para o encapsulado de fármacos.
CIQUS
Ciencia molecular en acción: explorando as fronteiras da química e os materiais
Nesta actividade exploraremos o fascinante mundo da ciencia molecular a través de experimentos interactivos. Desde a creación de polímeros divertidos ata a observación de moléculas con propiedades únicas, as persoas participantes poderán comprender como a química e a nanotecnoloxía poden transformar materiais cotiáns en solucións innovadoras para a medicina, a electrónica ou o medio ambiente.
CITIUS
O que ves é o que hai: detectores visuais de obxectos sobre FPGA
Detector visual de persoas en tempo real sobre un dispositivo programable de portas (FPGA).
A IA sabe se tes fibrilación auricular
Algoritmos de IA que analizan en tempo real un electrocardiograma para detectar fibrilación auricular
Chatty: modelos de linguaxe para falar polos cóbados
Chatty permite manter a mesma conversa de forma síncrona con varios LLMs dotados de distintos roles de asistente. Comproba a calidade e sensibilidade dos modelos ante distintas configuracións!
O que tes é o que realmente ves: detector de eventos cun chip CMOS
Detección de cambios nunha escena a nivel de píxel con sensores CMOS de alto rendemento.
CRETUS
Xogamos limpo: o que se agocha nos campos de fútbol e nos parques
Neste obradoiro abordaremos unha problemática relacionada co aproveitamento de pneumáticos reciclados como superficie en parques infantís e recheo en campos de fútbol de céspede artificial. Mostraranse diversas técnicas analíticas sinxelas que permiten a detección e identificación de compostos nocivos presentes neste material.
De medusas fluorescentes a bacterias que comen plásticos
Neste obradoiro exploraremos a edición xenética a través de exemplos visuais como a proteína fluorescente GFP, que fai que certas bacterias brillen baixo luz UV. Explicarase como modificamos xenéticamente as bacterias no laboratorio e como se aplican estas técnicas para obter bacterias capaces de degradar plásticos, ofrecendo así solucións innovadoras fronte á contaminación ambiental.
Pasado contaminado
A través dunha escavación simulada de esqueletos e materiais didácticos, os e as participantes descubrirán como se analizan restos óseos para identificar contaminantes como o mercurio ou rastrexar enfermidades históricas como a peste. Unha proposta interactiva que achega a arqueoloxía, a contaminación ambiental e a historia da saúde desde unha perspectiva científica e accesible.
IGFAE
Observa e constrúe os elementos fundamentais da materia
Nesta edición da G-Night, desde o IGFAE propoñemos un dobre xogo para descubrir as compoñentes básicas de todo o que coñecemos. Por unha banda, poderemos observar o rastro que deixan algunhas partículas, a priori invisibles, a través de diversos detectores.
E, por outra, poderemos construír, dunha forma amena, algúns núcleos atómicos, átomos e moléculas, combinando diferentes tipos de quarks e electróns, mediante o kit ‘A materia peza a peza’.
Área de Infraestruturas de Investigación
Podo xogar con cristais?
Traballaremos con dous exemplos de formación de cristais in situ. Unha vez formados os cristais, analizaremos os factores que poden influír no seu aspecto e na velocidade da súa formación na natureza.
Construiranse diferentes estruturas ordenadas a partir de tetraedros feitos con gominolas, o que nos permitirá falar dos distintos silicatos, da súa relevancia en xeoloxía e de como están organizados internamente a partir destas entidades. Ademais, exploraremos a relación entre este tipo de estruturas e as propiedades macroscópicas dalgúns exemplos que se presentarán.
Observaremos varios minerais con propiedades singulares e introduciremos o concepto de difracción como ferramenta fundamental para determinar cales son e como se dispoñen os átomos que conforman estas estruturas cristalinas.
IDIS
Descubriendo a biomedicina: a ciencia que transforma a saúde
Acompáñanos nunha fascinante viaxe interactiva para descubrir como a biomedicina fusiona bioloxía, medicina e tecnoloxía avanzada.
A través de dinámicas actividades e explicacións claras, exploraremos como este campo innovador está revolucionando a prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades, mellorando así a vida das persoas.
INCIPIT
XSCAPE-Material Minds
Un obradoiro para amosar as propostas e os resultados preliminares do proxecto: XSCAPE-Material Minds. O seu obxectivo é examinar como a nosa cultura material (ferramentas, recipientes, roupa, utensilios, edificios, paisaxes, etc.) modifica activamente os patróns humanos de atención e procesamento da información.
O exercicio consiste en varias tarefas ou probas sinxelas nas que o participante explora unha serie de obxectos ou imaxes de diversa natureza e cronoloxía, seleccionados polos investigadores como exemplos significativos da materialidade humana.
CITMAGA
Apagando lumes con números
Desenvolverase un taller para explicar de forma práctica o noso traballo no CITMAga no que desenvolvemos algoritmos para axudar na xestión dos incendios forestais.
Xogando coas mates
Xogos e retos interactivos para achegar o razoamento matemático e as verdades que deste se derivan (teoremas) desde a experimentación con construcións, figuras xeométricas, algoritmos ou mesmo… cun papel e bolígrafo!
Abracadabra matemática
Conxunto de actividades que fomentan a aprendizaxe activa da álxebra e a xeometría. Disporemos de distintos xogos e crebacabezas cos cales pasaremos un bo rato mentres aprendemos matemáticas. Dende trucos con aritmética modular ata invariantes de figuras xeométricas, pasando por combinatoria e outros conceptos que poden aparecer na vida cotiá. As actividades adaptaranse ao público.
