Espazo experientia. 17 obradoiros para todos e todas

Santiago de Compostela
Dende as 18.00 a 21.00h
Presencial
Público xeral

Prazas: acceso libre

LUGAR | Claustro do Colexio de Fonseca, Rúa do Franco s/n
ORGANIZA | Universidade de Santiago de Compostela

Atoparás diferentes talleres de para experimentar e demostracións. O obxectivo é que o público poidas ver, tocar e experimentar.

CIMUS
– Biotecnoloxía na cocina
Extraeremos ADN utilizando cousas que podemos atopar facilmente na nosa cociña.

– Fabrica o teu propio anticorpo: Construirás o teu propio anticorpo e poderás levalo contigo.

CIQUS
– Gastronomía molecular
Aplicaremos a ciencia a cociña tradicional, investigando as transformacións químicas e físicas que acontecen nos ingredientes durante a preparación dos alimentos; Neste taller trocaremos o aspecto físico dos alimentos sen modificar o seu sabor.

CRETUS

– Métodos de oxidación avanzada con nanopartículas magnéticas
Eliminación de microcontaminantes en augas empregando nanopartículas con propiedades magnéticas.

– Produción de biopolímeros a partir de residuos grasos
Demostración sinxela de como recuperar bioplásticos das augas residuais.

– Cálculo da pegada de carbono e hídrica dos alimentos
Poderedes avaliar o impacto ambiental das vosas dietas de consumo alimentario e facer unha comparación coas emisións de CO2 equivalentes, amosando unha analoxía coa pegada de carbono do uso do coche como medio de transporte.

– Uso de disolventes eutécticos para a recuperación de coláxeno dos residuos de peixe
Amosaranse as diferentes etapas do proceso de extracción de coláxeno e precipitación do coláxeno.

– Solo e Medio Ambiente
Ensinarase que é o solo e cales son as súas principais funcións ecolóxicas, para demostrar a importancia do mesmo na conservación do medio ambiente e os riscos xerados pola súa contaminación.

– Están nos ósos! Ambiente, saúde e dieta no pasado.
Que información do ambiente, das costumes e da saúde nos aportan ósos humanos que se atopan durante unha escavación arqueolóxica. Prestaremos especial atención aos métodos de estudo da paleodieta dende unha perspectiva sinxela e a súa relación cos ósos e dentes.

CITIUS
– Scalextric-IA
Carreira entre dous coches: un equipado con intelixencia artificial e o outro controlado por ti coa axuda dun condutor.

– NL4XAI
Mostraremos como as máquinas intelixentes apoiadas pola Intelixencia Artificial poden axudarche a tomar decisións informadas en situacións cotiás. Ademais, poderás desafiar á máquina sobre as súas decisións preguntando por que (ou por que non) son correctas ou incorrectas.

– Menelaos
Cámaras que captan imaxes en 3D e de maneira similar ó cerebro.

– MISEL
Procesamento de imaxes bioinspirado con baixo consumo de potencia e tecnoloxías de vangarda.

IGFAE
– Descubrindo a radiación: os raios cósmicos
Utilizando dous tipos de detectores, visualizaremos as partículas que chegan desde o espazo e bombardean constantemente a Terra a nós mesmos desde todas direcións.

Área de Infraestructuras de Investigación
– Minerais, ver o invisible. De HAÜY á ERMELOITA
Como sabemos que unha pedra que nos atopamos é interesante? Será algo novo que ninguén atopou antes? Como sabían fai moitos anos o que era? E, Como o sabemos agora?

IDIS
– Mundos microscópicos
Botaremos unha ollada no universo das cousas diminutas, dende diferentes células a tecidos do noso organismo. Crearemos as nosas propias preparacións e observarémolas a grandes aumentos.

– Impresión 3D, do laboratorio ao doente